ás veces escoito m80 para deprimirme, para lembrar aquela música que poñían nos pubs da coruña hai séculos. lembro noites de sábado en ópera prima escoitando ós smiths, o disco enteiro. o irmán de d., o picadiscos, poñía o que lle pediamos a partir de certa hora. era xa tarde e sentabamos contra a parede cun cubata de sabe deus qué ollando o futuro como un imposible e o presente como un polvo necesario. hoxe escoito aquela música a través do ordenador nunha oficina na que hai xente que non sabe quen son os inmaculate fools e que mira as miñas pernas por debaixo da mesa cando lles cae un bolígrafo.
1 comentário:
Sempre hai unha luz que nunca se apaga
Tontos inmaculados
Boa conexión melancónica
Enviar um comentário