22.10.04

autoescola

o día que perdín a virxinidade era demasiado inocente como para saber que ese rapaz non se ía preocupar nunca polos meus sentimentos, e menos aínda polo pracer que debería de sentir. correuse en menos de dous minutos, dentro de min, nun condón que a duras penas soubo poñer. eu sentín un pequeno movemento dentro e unha gran desilusión. a segunda vez foi mellor, pero xa era outro. quedaban anos para coñecerte. estaba de prácticas.

Sem comentários: