26.10.04

portas que se abren

¿nunca pensaches nun trío? seguramente, si. é a vosa típica fantasía, e ti non vas ser distinto. eu, pola contra, xa o tiven. só unha vez, non por non querer máis, simplemente por circunstancias. xa sabes, bebes de máis, falas de máis, empezas a facer a tonta xogando coa roupa e acabas por foder cun amigo e cun amigo do amigo que nin lembras como se chama. non foi gran cousa. eles estaban algo nerviosos ó verse un ó outro espidos, con certo medo de tocarse moito entre si, o que complicaba bastante que me penetrasen á vez. en calquera caso, gustaríache ver como me posuían. seguro que che gustaría estar detrás da porta, mirando por algún oco, cunha curiosa sensación de dor e pracer, de ter e non ter, de posuir e de perder.

Sem comentários: