29.9.04

crise

a radio repite unha canción de mecano. é a terceira vez que a escoito hoxe. sentir a ana torroja por triplicado é como ver a josé coronado facendo de avogado e anunciando bifidus. activo, creo. o aburrimento tamén é factible no leito. imaxino a baltar fodendo (fisicamente). imaxino a fraga termando do ventre (fisicamente, tamén, debería probar co bifidus). imaxínome a min mesma fodendo con esta escultura no ventre. teño fame pero non quero adiantar a cea. opto por unha masturbación lenta, suave, desganada. un medio orgasmo do que non me acordarei dentro de cinco minutos. póñome o tanga de novo, un vaqueiro vello e non cambio a parte de arriba do teu pixama. miro pola fiestra. púrpura. baixo a mercar o libro de auster e uns iogures.

Sem comentários: