29.9.04

ás apandadas

nalgunhas ocasións estou en sen estar. como cando ocupo dúas camas á vez no xeral cíes e no meixoeiro de vigo. nesas noites de lixivia, escoito, desmedida, a voz de a.:

non sandaches este ventre
e agora estou estrada na area.
agardando as túas falanxes,
resgando cada himen dos posibles,
sorbendo as buguinas co ollar.

eu, dende que me peneiras,son faneca brava
.

Sem comentários: