1.10.04

por defecto

despois de todo, este camiño vai algures. o meu xersei de veleiro, as miñas dúas pulseiras de prata, o anel no dedo índice, o pelo recén lavado. baixo por policarpo sanz e tropezo no paso de cebra ó cambiar o semáforo. mírame un vello. lávolle a mañá cun sorriso. estamos de venres e imos soterrar as feridas. avanzo cara ti.

Sem comentários: