25.1.05

temporal, ETT

ola de frío polar. siberiano. inmenso. métome na cama con medo de mirar fóra, de ver o vento entrando a través da ventá. de que o vento entre na miña boca, no meu sexo, no meu espírito. é tarde e estás aínda no traballo, ou non, ou si, da igual. chamo a g. para contarlle que me estremezo, el dime porquerías, eu colgo. non teño o día para falar de tequitoelfrioyoapolvos nin cousas semellantes. hoxe preciso dun abrazo amigo, espido, pero amigo. hai un lobo na porta. está mirando fixamente estes pendentes de madeira.

Sem comentários: