teño un sms. odio os teléfonos móbiles, sobre todo o teu. é unha mensaxe de c. hoxe non vai poder quedar para comer. borro o texto e chámolle "puta" ou algo semellante. quería sair contigo, ir de compras, dar unha volta, mirar xente. agora sento no ordenador e penso nas opcións:
a) quedar na casa cunha ensalada e un libro que se me atraganta
b) sair a comer eu soa e a ver qué pasa
c) chamarte para comer e quedar preto do teu traballo
d) non comer
e) masturbarme e decidilo logo
con tanto frío, prefiro un prato de sopa
Sem comentários:
Enviar um comentário