23.12.04

camiños de ferro

1. b. mándame un mail. hai moito que non quedamos. unha vez díxome que me amaba por teléfono. por iso nunca funcionaría. dame bicos de café. sen leite. vai pasar o nadal en vigo, na casa, coa súa recente parella, colleitada vía urxente nalgún centro comercial. non lle contesto. busco unha fotografía e rómpoa.

2. s. non me escribe. só fala polo msn. ten posta a súa propia imaxe, contra unha parede, ollando. non podo manterme quieta contra a intensidade. noto o rubor. dígolle banalidades, como se eu non fose eu; como se non nos bicaramos aquel día na súa habitación, aquela minúscula cama de estudiante, aquela camiseta laranxa.

mércame un xeado de froitas.

Sem comentários: