16.8.04

titulares

- Cada vez hai máis varóns adictos ás compras debido ó fenómeno metro-sexual (search: zapatero. nota: ti nunca serás metro-sexual, non entendes o concepto exfoliar)

- Máis do 27% dos homes admite que mantén relación con prostitutas (search: pp mallorquín. nota: ¿por iso me dis ás veces "esamiñaputaesamiñaputiña" cando non podes máis?)

- Zarzuela tacha de "rumores" e "especulacións" as afirmacións sobre o embarazo de dona Letizia (search: urdaci. nota: mágoa de ángela rodicio, xa vivía como unha raíña)

- Carlos Nuñez: "teño dous amores: un platónico que é a flauta e outro carnal que é a gaita" (search: xacobeo. nota: o folc non resulta sexualmente atractivo, non damos unha)

- Lorena Berdún falará de sexo en TVE (search: caffarel. nota: supoño que o comité de expertos terá algo que dicir. savater, co-presentador)

- Pilar Sánchez: "5mujeres.com non é un alegato feminista, só é unha coña mariñeira para rir dos homes" (search: gran sol. nota: mal andamos se precisas do teatro para iso)

-Seminarista condenado a prisión por ter pornografía infantil (search: rouco. nota: alguén debería revisar as mochilas dos que foron os concertos password, e tamén explicar a conto de qué se chamaba así o festival)

Sem comentários: