14.8.04

crónica dactilar

se hai algo que me gusta de ti na cama é como me masturbas. resulta tremendamente agradable. tes uns dedos de ouro. as cousas como son, amor. estes días de praia e hotel están sendo a crónica dunha masturbación continua. sei que ás veces non che fai moita gracia. que ti queres ir ó teu, metela dentro, por onde sexa. que ti queres. que. pero recoñezo que cando realmente teño un orgasmo dos de si-si-si é ás resultas da acción dactilar. deberías colocar o dedo do medio no teu deneí. sería máis xusto. non che digo que non me gusta que esteas dentro, pero hai sensacións e sensacións. agora mesmo estás durmido, espido, sobre as sabas. durmimos sen mantas. agora. agora mesmo te observo, te miro, percorro o teu corpo coa miña mirada aínda con sono. preciso dun café con olor a ti. supoño que espertarás axiña, empalmado como case sempre, e rozaraste contra min cun "bos días" nos beizos. agora non imos facer nada. só rozar a pel, intercambiar as células. xa haberá tempo para iso máis tarde. vou ir ó cuarto de baño a lavar a cara e os dentes, mexar un chisco e volvo de contado. non espertes aínda, non, non espertes...

Sem comentários: