19.8.04

política intervencionista

hai un compañeiro que me pon. tiña que escribilo. sei que non che vai gustar sabelo. son cousas que acontecen. está dúas mesas máis para alá da miña. é moreno e chámase P. estes días crúzome moito con el. non é como no anuncio de coca-cola, pero percíbese a tensión sexual. aínda lle vou ter que dar ás gracias ás olimpiadas. o televisor da oficina está case detrás de min, a un lado, e estes días vese máis o que pasa en atenas que o que nos da de comer. achéganse varios e poñénse preto do meu posto. non lle fago caso. comezei a fixarme nel pode que o martes, polo seu olor. chámame cara el. a mistura de perfume e de olor corporal ponme negra. quente. onte estaban vendo non sei que historia, a un metro escaso de min, e sentín a humidade entre as pernas. unha sensación moi agradable... cando non estás na oficina e non podes facer nada para darlle saída ó desexo. sei que el ten tamén o sinte. xa decidín que vou explorar o terreo, mañá mesmo. a ver qué pasa. síntocho, vida, pero unha cousa non ten que ver coa outra e a túa mulleriña anda quente de agosto. nin que fose a primeira vez. se sae ben, non volvo falar mal de atenas, ó fin e ó cabo aí comezou a nosa civilización. agora eu quero a súa dentro de min.

Sem comentários: