18.8.04

olimpiada feiraco

esta noite non quixeches montarme. estabas canso. de ver as olimpiadas. dacordo, eu tamén miro ás veces, pero é que eses corpos medio espidos e molladiños dos nadadores son unha tentación demasiado evidente. ademais estamos en verán, meu sol. pese o temporal. o caso é que diches a volta, agarraches un dos teus libros de aventuras ou de cuestión nacional, xa me contarás a diferencia, e quedaches durmido como este país, sen darte conta. ata roncaches, cousa extraña en ti. as virtudes non son eternas. cando caín eu tiven un soño. non che vou contar a parte sentimental, nin tan sequera a filosófica. do outro, tiñas unha corrida tremenda na miña boca, enchíasme de leite, eu almorzaba o teu líquido, todiño. o anuncio de feiraco completábase con outro home -síntocho pero é así- na seguinte escena, que me daba. eu, facendo de can. xuraría que era A., pero non o vou asegurar. as caras esvaécense, lembro só a mistura de dor e pracer. e máis cuota láctea dentro de min. aínda non espertaches, esta incómoda manía de acordar antes. acenderei a televisión fuxindo de La 2 e prepararei un café. cargado e, dende logo, . non quero empacharme.

Sem comentários: