ó final foi o de sempre. mal sexo, mal espertar. cada vez é máis complicado atopar calidade. tiña un bo rabo, é certo, pero non sabía utilizalo. pasamos a fin de semana xuntos. díxenche que tiña traballo e que non podiamos vernos. había parte de verdade. supoño que agora terei que velo na oficina cada día, e el porá esa mirada de "tu y yo sabemos que te la metí hasta el fondo". peaxes a pagar por foder con alguén do traballo. mentres, vaise agosto e non tiven case tempo de desfrutar da praia. boto de menos muros, as calas de lugo, a lanzada. o mar e o tacto na pel. hoxe volverei a ti e pedirasme que nos vaimos esta semana de vacacións. direiche que si. volverás a estar dentro de min, como sempre fas, como se foses o único, e logo pasearemos collidos da man por algunha cidade que non será nosa.
1 comentário:
Enviar um comentário