xa nace setembro. ten algo dentro del que me asusta. son máis de novembro. de meses húmidos. teño pel de auga. si, fumos de vacacións. lonxe do mundo. só unha semana. na praia e no hotel. bebín demasiado, ti me deixas sempre beber máis da conta. xa sabes o motivo. a min dame igual. hai momentos nos que só sei bailar como unha tola. preciso moverme como se estivese montada sobre ti. sobre quen sexa. non me aburrín moito. cando pensaba noutra persoa, lía la voz de galicia e escachaba coa risa. bieito rubido é o rei da comedia. habería que darlle unha medalla castelao ó humor. de ouro. como a david cal. que brazos ten david cal... non quero desviarme hoxe. como dixen, é setembro. vou vestirme -ultimamente só escribo espida, ou case- e ir ó traballo. hoxe non poñerei unha saia.
Sem comentários:
Enviar um comentário