2.12.05

a teta sobre o sol

venres aínda. quedan unha tres cinco sete mil horas para fuxir. teño a maleta feita: a falda longa, o xersei azul de lá, as bragas e as medias, ese libro de olga novo. esquecín o suavizante para o pelo. choverá toda a fin de semana, si ou si, e ti quererás facelo en cada esquina da casa. non sabes que me da exactamente igual. que podes ser ti igual que podería ser calquera outro. como será dentro dunha semana, ou dúas. en hora e media ou nunca. comerasme as tetas, sei que prefires a dereita, e pedireiche que a mordas, un pouco máis forte, amor, e mirarei a luz acendida e pensarei que está sobre o sol.

6 comentários:

Anónimo disse...

Ti, o chopped, mordelo ou trágalo?

Desorde disse...

......... acabo de descubrir esto. fresco sinceiro e bonito... coincido: peor q a vulgaridade da egoísta son os/as acólitos/as...

TXARI disse...

demasiada anticipaçom, recomenda: muda de vida (ou de partenair) que che poida surprender...bonito o da lectura por si é o caso...

Anónimo disse...

Tan só hai unha cousa que me frustraría fondamente: que te acabaras enrollando co do indixesto
chopped. Non é por nada, ó fin e ó cabo debería darme o mesmo, de todo esto unicamente podo disfrutar en directo do libro de Olga Novo, pero un é caprichoso cos desexos (ou viceversa).
Prométeme que non terei que ver/saber eso.

Anónimo disse...

Si.
Muar, muar coma o ventre dunha vaca...

Eu mesma (véxase tamén: Alicia)

Anónimo disse...

Non te merecen, princessa. Pero o que estás facendo (ou eses cos que o estás facendo) non superan o cabalo, no bo sentido.