2.12.05

dous dedos

sentadas preto das paredes de ópera prima fuxiamos das estúpidas bebidas de entón -mellor nin recordalas, rives-, e escoitabamos a música que puña nas fins de semana aquel rapaz con pouco pelo que xa hai anos que morreu. cruzaba as pernas cando escupía a vaya con dios, abría os brazos cando eran os smiths e inclinaba o peito cara adiante cando lle tocaba o turno ós who. moito aprendín naquela praza próxima unha noite que cambiaba a hora e ti, e., metíasme os dedos na cona con máis ansias que acerto. cada vez valoro máis aquelas penetracións dixitais. eran sinceras, vida.

1 comentário:

Anónimo disse...

Preto do Ópera Prima, temos o mellorciño chopped na Palloza.