7.12.05
s.
onte convidáronme a un cóctel. moi fino, todo, moito. dátiles, brochetas de froitas, tostas de foie con compota de pera, petit choux doces, croquetas de níscalos, gambas en témpura, algunhas mans tocándome o cú. fun de negro, claro, e recollín o pelo. estrenei unhas medias. bebín un pouco de viño e un moito de ron. venezolano, chavez, para ti. só un mínimo de maquillaxe, nada nos beizos, nada nas unllas, unha pulseira preto do pé esquerdo. fóra chovía por momentos, como no último mes, e fun acariciando cada unha das pezas de froita mentres contaba o número de emilio tucci que me rodeaban. só me chamou a atención s., que resultou ser a xefa de prensa dese sitio de santiago. cando falamos, fixeime en que tiña unha boca fermosa e que ulía toda ela a fresas silvestres. nin sequera ía vestida de vermello. máis tarde, na medianoite, desapareceron as mazás das bandexas.
3 comentários:
Moito "Sexo en NY" é o que vemos...
Moi fino o cóctel, mais ulo chopped?
iso é que alguén as comeu
a xente come mazás de noite?
non se comen mazás de noite e non se toca o cu en lugares públicos pola mañá, a excepción do metro de tokyo
se se comesen mazás de noite sería terrible
Enviar um comentário