7.12.05

a cegas

pola mañá sonou o móbil. eran pouco máis das dez. estaba espida na cama, facendo que lía o xornal do día anterior (ai, este pereiro...). ti tamén estabas no leito, iso dicías, pero con algo de roupa. dixeches algo, involuntariamente, que me fixo tremer. por vez primeira nestes meses alguén falou con sentido. nunca o saberás, pero antes de que nos despidamos, quero darche as grazas. vida.

2 comentários:

Anónimo disse...

Tes a música do chopped no móbil?

Anónimo disse...

non son esas lecturas mañanceiras demasiado antisicalípticas?