9.12.05
( )
vivo no guadiana. día si, día non. o de onte prefiro nin contalo, mellor esquecer axiña. moito xeo, frío, frío. outra vez é fin de semana, case sen transición. vin o teu correo, s., aínda estou sorprendida co episodio das mazás. sei que liches este diario, é como abrir as pernas para ti. violéntame un chisco; no fondo sei que me gusta. que me miren. as cousas son así. onte á noite, cando me masturbaba no sofá coa televisión de fondo tentei pensar en ti, e non fun quen. non sei se iso significa que non son lesbiana ou que teño que instalar digital + canto antes. mañá é sábado e pasará o de sempre. ¿onde estás, que xa non?
3 comentários:
Pensa no chopped cando teñas outra masturbación
joder, q pesado e vulgar o rollo do chopped!! qué xente!
digital +? ... agora, chámaselle así? ou é só o meu maxín?
Enviar um comentário