22.11.05

metáfora

carapuchiña vermella saiu cara a casa da súa avoa, que vivía noutro pobo. ó atravesar o bosque atopou ó lobo, que tiña moitas gañas de comela, aínda que non se atreveu, pois estaban moi cerca algúns leñadores. Preguntoulle que onde ía, e a pobre nena, que non sabía que é perigoso parar a falar cun lobo, díxolle:
- Vou a ver á miña avoa e a levarlle estes pasteliños e este tarro de mantequilla.
-¿Vive moi lonxe? - díxolle o lobo.
-Ouh, si -contestou Carapuchiña-. ¿Ves aquel muíño?, pois en canto o pases, na primeira casa do pobo.
-¡Pois mira por onde!-dixo o lobo-. Eu quero ir a vela tamén; vou ir por este camiño e ti o farás por aquel outro; a ver quen chega antes.

Sem comentários: