29.11.05

merenda

recibo unha chamada. túa. xa facía tempo que non sabía de ti. dese olor a hugo boss, deses pantalóns sempre brancos polos xeonllos. quedamos no literarios, nunha das mesas con ventá. chegas mollado, como a nosa historia. e falas do teu novo traballo mentres eu lembro como fodíamos naquel edredón azul e gris á hora da sesta. cómo che gustaba collerme do pelo mentres empuxabas todo o que daba de si. agora, con esa garavata, fasme chorar na almofada.

Sem comentários: