22.11.05
ó baño maría
e despois está a gripe. a maldita dor de cabeza, a gorxa fervendo. érgome, hoxe en pixama, e miro pola ventá. sen persianas, durmo coa luz da lúa. ando descalza sobre o chan de madeira, no cuarto de baño sube o vapor polo espello. deixo a roupa pendurada da porta, miro a cara, os pelos, o peito, os cóbados. teño unha marca da almofada á esquerda. cae a auga sobre min. hoxe, pode ser, será.
Sem comentários:
Enviar um comentário