tento superalo. a melandolía. as poucas gañas. a calor. nesta nova casa, neste novo ordenador, nesta nova vista dende a ventá. mudo a miña propia imaxe diante do espello, co pelo por aquí, co pelo por aló. fágome un zume con laranxa, un chisco de limón, unha cenoura. paso o vaso dunha man a outra para sentir o frío. xa non durmes no lado dereito da cama. agora hai un baleiro con forma de peluche e cando me masturbo aínda penso en ti.
qué foi de min.
4 comentários:
un novo comezo para unha vida mellor?
atento ás evolucións
Un miañar inmenso enorme desmedido.
como dixo o spammer que me precede, que tenhas "HOT new identity solution products and licenses"!
(desculpa a parvada e bem vinda de novo)
Acabo de coñecerte, pero parece que fai moito que non ves por aquí. vaites...chego tarde. volverei, por si volves.
Enviar um comentário