20.10.04

cni

onte estiven na cidade da que fuxo. esa cidade que tanto me gusta, que sempre queda ó lado da autoestrada cuberta por un pano. quedei con e. para comer un peixe cocido. non tiñamos fame. logo fumos a unha cafetería a espiar. sentamos dentrás dunha columna xusto diante do consultorio no que traballa. non eran aínda as cinco, tivemos tempo de pedir unha menta e acender un cigarro para compartir. chegou puntual, como parece que fai sempre. cumpríanse seis anos sen verte. segues igual, agás a mirada perdida. ó final, tiven que acender un camel para min soa.

Sem comentários: