fun ó cine, coma vou sempre, soa. cada vez vou a unha sala distinta dunha cidade distinta. nunca acompañada. alomenos, non cando entro. elixín a joaquín oristrell e acertei. moito rin. imaxinaba a luis tosar co seu tremendo membro. "que mala sorte teño, ten un pene enorme". eu son das de boa sorte, sobre todo ultimamente. non o digo por ti, só, que tampouco tes moito que erguer. supoño que teño radar para depende qué rabos. lembro agora un estúpido artigo de elvira lindo falando do seu santo e as ereccións matinais. múñoz molina fíxome tremer unha vez con el invierno en lisboa e púxome quente noutra ocasión no primeiro capítulo de el jinete polaco -estaba dentro dela logo de fodela toda a noite, co leite no centro do mundo-. agora dáme noxo. prefiro pensar nas ereccións matinais de luis tosar.
Sem comentários:
Enviar um comentário