13.9.04

non é

poño no coche bunbury ben alto, a única maneira de poder conducir a estas horas. parece como se chovera, pero non é certo. non quero. bunbury fala comigo de oaxaca e noto a sensibilidade extrema do meu corazón ó lembrar. non debo acabar as noites en depende qué lugares. para reaccionar, examino o diario de prisa buscando algo que ler e atopo a crónica de xosé hermida falando dese deportivo no que, ó parecer, hai moita xente con moitos anos. xh chégame máis dentro que o café cortado que teño diante, mal feito, demasiado quente, na taza equivocada. fala de fútbol dunha maneira que ata eu amo o fútbol. deberías preguntarte sobre a necesidade de escribir unha novela erótica. pago a brebaxe e fóra xa non é verán. a saber qué estarás pensando, soñando, neste intre. nada sobre o que me poidas falar durante a comida. hoxe cociñas ti. a min xa me cociñaron onte.

Sem comentários: