16.9.04

anestesiada

non quería dicilo aquí. pero ti insistes en que é unha vía de escape, que teño que utilizala para iso. así que direino: teño medo, moito. xa sei que todos dicides que non é para tanto, que me tranquilice. non me gusta, non me gusta, non. hoxe xa non fun traballar e ti preparas a bolsa como se me fose a oceanía. pero non é alí onde imos. non. ¿e se non podo volver a escribir máis? ¿e se pasa iso? a min, as camas gústanme para outra cousa, xa o sabes. non quero ir ó puto hospital, non quero que ninguén meta as mans dentro deste corpo. non. non quero que me durman á forza. non quero despedirme de ti. vou sair a tomar o aire, vaime facer falta todo o aire que poida aspirar para os vindeiros días. aire.

Sem comentários: