9.9.04

39º

levo dous días na cama. na cama, en ausencia. está tos acabará comigo. só abrín os ollos para ler que atoparon un cinema subterráneo nos túneis de parís. e para saber que, disparo na alma, foise manuel maría. mentres voo levada pola febre imaxínome coa miña bata negra sentada nunha butaca dese misterioso cine ó seu carón, cun filme mudo proxectándose como única iluminación. amor, ti non es chairego.

Sem comentários: