tomo café con E. nunha terraza mentres amenaza con chover. falamos de viaxes e de homes. non, de homes non, de sexo. que non é exactamente o mesmo. E. tenlle unha manía especial ós rapaces con pinta de adolescente, do estilo da serie o.c. que non, que non lle pon o rubio. recoñéceme que unha das súas perversións -ten que ser unha perversión, E.- son os tipos con bigote e barba. non sei se é levar ó extremo a súa mitomanía con queen ou se é das que vía aquelas películas porno dos anos setenta. o mellor era aquella música dabadabada, dabadabada que sonaba mentres o bigotudo de turno empalaba a unha osixenada. en calquera caso, eu persoalmente non podo dicir que tino santiago ou íñigo sexan os meus referentes húmidos. nin sequera quitando 'iso' que levas pendurado na gorxa cando fas as entrevistas na telegaita. a min, os pelos, os xustos. de feito, nin sequera me gustan moito na cabeza. un home sen pelos pode facer de min o que queira. bueno, o que eu lle deixe. non nos engañemos. en compensación, eu tampouco levo pelo. non, tampouco aí. dende a gorxa ata o coño só vas atopar pel suave. gústame telo así. sei que a ti tamén che gusta. existen dous tipos de homes: os que lles vai perderse no bosque e ós que prefiren ver por onde andan. ti es dos segundos. no fondo, supoño que é unha cuestión de infancia. agora estou recén saída da cama, qué horas son estas en verán, e véxome espida. non quero un home con bigote entre as miñas pernas.
Sem comentários:
Enviar um comentário