9.8.04

consultorio

"Hola, soy una chica de 16 años y llevo dos meses con mi novio, también de 16. Me ha pedido varias veces que le haga una felación, pero yo le he dicho que no, porque me da un poco de asco. Una amiga me ha dicho que no es para tanto, y que si no se la hago terminará dejándome y yéndose con otra chica que sí se lo haga. ¿Qué puedo hacer? Le quiero y no quiero perderle"

ágatha ten un consultorio sentimental nunha revista. ti e máis eu xa sabemos como se fan as felacións. lembras a primeira vez? foi no descanso dun programa de josé luis moreno, ou dunha entrevista con anxo quintana. un dos dous prometía algo, un ordenador para o neto ou a unidade do partido. mistúranseme as lembranzas. supoño que é polo que levabamos bebido. ti rías do entrevistador, ou da concursante, eu preparaba outra copa. pasaron os anuncios e miramos o un para o outro. era o momento. o erro de cálculo foi non contar coa taxa de alcol en sangue. conseguiches unha precaria erección. xuro por deus que o tentei. suaviño, xogando cos dedos aí, si, exacto, parando e dicíndoche na orella sobre o fondo da música dun prato precociñado, mirándote. non foi posible, e mira que o intermedio foi longo. entenderás, amor, que non vote máis ó bng.

Sem comentários: