4.8.06

preliminares (2)

(das respostas que me chegaron, de momento quedo con ésta)

- pagou a cea? non o faría
- abriu a porta do restaurante para que pasases? sempre
- ten o coche limpo? Bah…
- lavou os dentes para a ocasión? sim
- leva sandalias? algunha vez
- ten caspa na chaqueta? non
- mete a barriga para dentro mentres está de pé? non teño barriga
- usa perfume ou colonia do carrefour? ni perfume nin colonia
- ten cortes do afeitado? as veces
- apagou o móbil? algunha vez lémbrome…
- miraba o televisor mentres ceaba? nunca
- miraba as tetas doutras mulleres? sempre
- dixo "estás preciosa"? nin de coña
- dixo "pódenme os teus ollos"? non
- dixo "vou mercar un coche novo"? máis quixera…
- dixo "viches pereiro, qué pasada no tour"? ese é?
- dixo: "vou mexar, veño agora"? teño moito aguante
- mirou as túas tetas mentres se erguía para ir ó baño? non creo
- invitou ás copas? intentariao unha vez, non máis
- bebía martini? non
- bebía auga? si
- bebía algo de cor verde? non
- falaba moi alto? todo o contrario
- criticaba a música? é posible
- apoiábase na barra máis tempo do necesario? canto é necesario?
- xogaba co xeo da bebida? non ten xeo a miña bebida
- baila? sim
- demasiada saliva nos bicos? non
- morde as unllas? non, prefiro córtalas
- tocou as túas pernas? pode
- tocou o teu cú? depende
- mira ó resto da xente para comprobar que todos saben que está cunha tía cachonda? non
- ten reloxo? non
- mirou o reloxo moi cedo? depende de ti
- dixo "imos a un sitio máis tranquilo"? non
- dixo "imos a tomar a última na miña casa"? non hai nada na miña casa susceptible de seren referida como “ a última”
- dixo "imos a tomar a última á túa casa"? non
- dixo "ímonos de aquí"? iso pode ser
- dixo "ímonos de aquí" cando entrou a súa ex? moi posible que diga iso, que entre a miña ex…improbable
- leva as chaves da casa coas do coche? recoñezo que na úlitma semana fixenno un par de veces.. pero nunca o fixera ata entón
- aparca ben? mellor aínda
- cheira o coche a fume de tabaco? nada meu cheira a tabaco, salvo algunha camiseta despois de días de sair
- leva unha man sobre a túa perna mentres conduce? non
- ten unha pegata do "gz" no coche? nin de coña
- ten un coche vermello? da familia dos vermellos
- ten un coche de segunda man? cuarta man, herdanza familiar
- ten mans libres? non
- usou o mans libres mentres ía contigo? non
- pon os 40? non
- ten xornais vellos acumulados no asento de atrás? non, só recibos de peaxe no oco dos cds-
- a casa ten dúas habitacións? 4
- hai cousas de ski? o que?
- ten fotos súas por todas partes? non
- o piso estaba limpo? parcialmente (os sitios visibles si)
- dixo que te sentases no sofá mentres ía ó baño? non hai sofá en activo
- comezou cos bicos antes de pechar a porta? gústame comezar no portal
- empezou a meterche man no sofá? esquecete do sofá
- dixo "teño que ir por condóns"? ou non teño ou están preto de min
- hai un poster de Amelie na sala? non (está enrrolado dende fai 3 ou 4 anos enrriba do armario se queres botar unha man para poñelo, a min dame preguiza)
- quitou os zapatos? si
- dixo "amor"? ???
- apretou as túas tetas sen máis? é posible apretar unhas tetas “sen máis”?
- quitou a camisa? non levo camisas
- ten un colgante con chapas de identificación tipo militar? NON
- quixo meter a man baixo do pantalón? prefiro por enrriba do pantalón e logo quitalo directamente para que a lingua se sinta cómoda entre as pernas
- que dixo cando notou que ías sen bragas? nada
- dixo "tevoyafollarahoramismo"? non
- dixo "queres poñerte cómoda"? non son tan hospitalario como para interesarme explícitamente pola comodidade dos hóspedes…
- sabe quitar o suxeitador? si, pero a falta de ocasións fai que perda a práctica
- seguro que si? que si
- tirou a roupa no chan ou a colocou nunha cadeira? chan
- está empalmado dende que entrou na casa? non creo
- ten cama de matrimonio? máis quixera
- as sabas están limpas? No caso de que haxa sabas, estarán limpas ou polo menos non moi porcas
- hai algún libro sobre a mesa de noite? non
- é un libro de plaza & janés? non
- quita os calcetíns? por suposto
-leva calcetíns con esta calor? as veces
- abriu a cama ou tiroute enriba sen máis? preferentemente a segunda
- sacou o rabo ou sacáchello ti? se tardas máis de media hora paso de sacalo
- morde? un pouquiño
- quen acabou de espirse primeiro? o máis espabilado
- dixo "qué buena estás"? non
- dixo "cómo me pones"? espero que non
- dixo "encántanme as túas tetas"? mmmm…pode ser
- dixo "galiza nazón"? cando non hai nada que decir, calo a boca
- a luz estaba acendida? pouco
- pechou os ollos ó bicarte? si
- sabe masturbarte? si e senón aprendo
- faino durante máis dun minuto? bastante máis
- faino como se estivese abrindo un rasca e gaña da once? depende do momento, teño articulacións e musculos multidireccionais, múltiples as posibilidades son
- conseguiu que te sentises ben mollada antes de foder? non creo ter tanto talento
- acariciou o teu corpo espido? digo eu
- a súa pel ten un olor agradable? si
- pediuche que lle comeses a polla "pero xa"? nunca
- conseguiu que pensases nel e non noutra persoa mentres te ofrecía a súa erección? por suposto

Sem comentários: