24.7.06

ruleta rusa

supoño que hoxe é un día para foder. todo sexa pola nazón. acaba de chamarme f., que se vou sair.
- si
- verémonos por aí
- haberá moita xente
- eu irei ó tarasca antes
(buff)
- vale, vale
vexamos, seremos tres mulleres e cinco homes. dous deles teñen parella, aínda que un irá sen ela. outro é gai. os outros dous están libres, pero cun xa fodín hai case un ano (con pouco éxito, aínda que haberá que dar o beneficio da dúbida do alcol). supoño que ó final elixirei como fago sempre, por cousas do tipo:
- contigo, que es o único que non leva unha camiseta de once varas
- contigo, que es o único que non pensa ir á manifa de mañá na alameda
- contigo, que polo menos sabes bailar, ou tes a intención
- contigo, que para iso tes parella
- contigo, que non es ningún dos cinco gz de hoxe e que nin sequera falas un idioma de orixe románica
por se finalmente acabo na cama (ou no servizo) con algún dos que estades lendo, sabede que me recoñeceredes por un lunar na parte externa superior da perna dereita e por non levar bragas.

1 comentário:

Anónimo disse...

Lamentablemente, non serei eu