20.7.06

preliminares

- pagou a cea?
- abriu a porta do restaurante para que pasases?
- ten o coche limpo?
- lavou os dentes para a ocasión?
- leva sandalias?
- ten caspa na chaqueta?
- mete a barriga para dentro mentres está de pé?
- usa perfume ou colonia do carrefour?
- ten cortes do afeitado?
- apagou o móbil?
- miraba o televisor mentres ceaba?
- miraba as tetas doutras mulleres?
- dixo "estás preciosa"?
- dixo "pódenme os teus ollos"?
- dixo "vou mercar un coche novo"?
- dixo "viches pereiro, qué pasada no tour"?
- dixo: "vou mexar, veño agora"?
- mirou as túas tetas mentres se erguía para ir ó baño?
- invitou ás copas?
- bebía martini?
- bebía auga?
- bebía algo de cor verde?
- falaba moi alto?
- criticaba a música?
- apoiábase na barra máis tempo do necesario?
- xogaba co xeo da bebida?
- baila?
- demasiada saliva nos bicos?
- morde as unllas?
- tocou as túas pernas?
- tocou o teu cú?
- mira ó resto da xente para comprobar que todos saben que está cunha tía cachonda?
- ten reloxo?
- mirou o reloxo moi cedo?
- dixo "imos a un sitio máis tranquilo"?
- dixo "imos a tomar a última na miña casa"?
- dixo "imos a tomar a última á túa casa"?
- dixo "ímonos de aquí"?
- dixo "ímonos de aquí" cando entrou a súa ex?
- leva as chaves da casa coas do coche?
- aparca ben?
- cheira o coche a fume de tabaco?
- leva unha man sobre a túa perna mentres conduce?
- ten unha pegata do "gz" no coche?
- ten un coche vermello?
- ten un coche de segunda man?
- ten mans libres?
- usou o mans libres mentres ía contigo?
- pon os 40?
- ten xornais vellos acumulados no asento de atrás?
- a casa ten dúas habitacións?
- hai cousas de ski?
- ten fotos súas por todas partes?
- o piso estaba limpo?
- dixo que te sentases no sofá mentres ía ó baño?
- comezou cos bicos antes de pechar a porta?
- empezou a meterche man no sofá?
- dixo "teño que ir por condóns"?
- hai un poster de Amelie na sala?
- quitou os zapatos?
- dixo "amor"?
- apretou as túas tetas sen máis?
- quitou a camisa?
- ten un colgante con chapas de identificación tipo militar?
- quixo meter a man baixo do pantalón?
- que dixo cando notou que ías sen bragas?
- dixo "tevoyafollarahoramismo"?
- dixo "queres poñerte cómoda"?
- sabe quitar o suxeitador?
- seguro que si?
- tirou a roupa no chan ou a colocou nunha cadeira?
- está empalmado dende que entrou na casa?
- ten cama de matrimonio?
- as sabas están limpas?
- hai algún libro sobre a mesa de noite?
- é un libro de plaza & janés?
- quita os calcetíns?
- leva calcetíns con esta calor?
- abriu a cama ou tiroute enriba sen máis?
- sacou o rabo ou sacáchello ti?
- morde?
- quen acabou de espirse primeiro?
- dixo "qué buena estás"?
- dixo "cómo me pones"?
- dixo "encántanme as túas tetas"?
- dixo "galiza nazón"?
- a luz estaba acendida?
- pechou os ollos ó bicarte?
- sabe masturbarte?
- faino durante máis dun minuto?
- faino como se estivese abrindo un rasca e gaña da once?
- conseguiu que te sentises ben mollada antes de foder?
- acariciou o teu corpo espido?
- a súa pel ten un olor agradable?
- pediuche que lle comeses a polla "pero xa"?
- conseguiu que pensases nel e non noutra persoa mentres te ofrecía a súa erección?

3 comentários:

Unknown disse...

Na expresión: " empezou a meterte man no sofá?" eu son da opinión que o pronome está mal empregado. Eu utilizaría a expresión meterche por parecerme máis correcta, e incluso máis suxerente que a mera traducción do castelán

Unknown disse...

E sen querer ser pesado. Pero na expresión " abriu a cama ou te tirou enriba sen máis?" opino que o "te" está mal colocado ... e soa moito máis luxurioso tiroute..

Anónimo disse...

Encantoume todo o que vin e lin, non podía marchar sen dicircho.