8.2.06

ó respecto do anterior (apunte)

4 comentários:

Anónimo disse...

DON RIGOBERTO E A APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA


Don Rigoberto sempre tivo unha natural vocación de pedagogo. No breve tempo que se dedicou ao ensino universitario en Oxford a comezos dos setenta, antes de deixalo e emprender unha exitosa carreira na City como broker, logrou que os seus escasos alumnos se interesasen pola fenomonoloxía, nuns tempos nos que estaba moi mal visto nos ambientes académicos todo o que non fose filosofía analítica. A contramán, considerado un bicho raro no claustro, era quen de entusiasmar a un pequeno grupo de seguidores/as, que consideraron unha traición a súa deserción das aulas.

Talvez de aí proveña a súa preferencia por mulleres que buscan o coñecemento do corpo e dos seus praceres, que están dispostas a indagar, pero que aínda non tiveron ocasión de desenvolver unha aprendizaxe significativa. Esas mulleres que se encontran nesa precisa tesitura na que intúen que hai algo máis, que debe de haber algo máis, pero que non saben cómo, ónde e con quén transitar cara a plenitude. Brevemente: que necesitan un Pigmalion que as encauce, que lles ensine, para logo camiñar soas, absolutamente libres á procura dos corpos e dos líquidos, elas mesmas verdadeiras mestras do absoluto.

Unha vez, Don Rigoberto deu cunha delgada rapaza pelirroxa, moi pecosa e de gracioso nariz chato, que recén viña de deixar o seu noivo. Tiveran algunha experiencia amorosa, pero el só tiña algunha habilidade na masturbación manual, pois na penetración era unha calamidade: o coito duraba escasos minutos. A delgada rapaza pelirroxa de muslos finos non estaba satisfeita, e menos aínda coas desculpas del cando se corría deixándoa co mel entre os labios, nese punto de “case si … pero aínda non”. Por iso o deixou sen contemplacións, ante os patéticos lamentos do macho ferido.

Don Rigoberto non tivo que facer moitos esforzos de sedución: ela mesma lle confesaría que cando o coñeceu, e namentras falaban relaxados de trivialidades, estaba todo o tempo a pensar cómo sería con el na cama. Así, cando sentaron á beira do río, foi ela quen tomou a iniciativa, foi ela quen botou man do seu falo e se puxo a acariñalo sorprendida de que non se desbordase coas súas manipulacións. Non foi alí onde follaron, non, non era o lugar apropiado.

Citados unha semana máis tarde no apartamento dun amigo dela, Don Rigoberto decatouse definitivamente de que era un diamante en bruto que había que pulir con delicadeza e decisión. Deste xeito, nun in crescendo amatorio demorado, pautado polos risos nerviosos e brandos da discípula, fixo que se colocase enriba del e o cabalgase ensartada, combinándoo coas súas rítmicas arremetidas desde abaixo.

O curioso era que ela paraba en seco nun momento determinado, alegando confusas sensacións, e así unha e outra e outra vez. Don Rigoberto pensou que había que xogalo todo a unha carta. Era tan elástica que facilmente a colocou a catro patas e a ensartou con decisión, bombeándoa sen parar na súa fermosísima coniña de labios pequenos e sonrrosados. Ela volveu alegar que parase, pero el proseguíu a penetrala sen descanso e, moi axiña, xa todo foron fogos de luces e espasmos.

De tal forma conseguíu que se desbloquease, follando toda a tarde e toda a noite en múltiples posicións, recreándose en todas as humidades e pregues, arrincando cunha facilidade pasmosa un orgasmo tras outro a unha rapaza pelirroxa, pecosa e de muslos finos, sorprendidamente marabillada e entusiasmada. O seu sorriso pícaro e delicadamente procaz, a súa cara acendida e extenuada, eran de tal fermosura, de tal agradecemento, que estimulaba as ansias de Don Rigoberto por compracela: tivo que facer inusitados esforzos por correrse, o seu bálano estaba tan extraordinariamente duro que se resistía a desparramarse.

Na segunda sesión amorosa, xa na residencia de Don Rigoberto, deron aínda máis pasos adiante na aprendizaxe significativa dunha alumna aventaxada, disposta a coñecer, a experimentar, a deslizarse polo goce sen trabas nin rémoras. El contaríalle historias suxas de sexo desbordado, que a ilumiban e a animaban a proseguir con determinación e entusiasmo na procura da propia éxtase.

Pero é mellor deixar para outra ocasión o relato desta amante deliciosamente sexuada e delicadamente procaz, para quen o coñecemento si que acabaría ocupando todos os lugares do corpo e da mente. Don Rigoberto habíaa rememorar sempre con ternura e co sexo enarcecido, unha e outra vez ao longo dos anos da súa vida.

Anónimo disse...

Será verdad que este tio se tiene follado a tantas tías, que suerte.

Anónimo disse...

¡Quen pillara unha así!

Anónimo disse...

Púxoma moi dura durisima.