a colección comeza mal: canto máis subas de escalafón no BNG os soños eróticos son cada vez máis escasos, substituídos por soños de pureza, gaitas, conflitos, atraso económico, devanceiros, etc a non ser q valga a necrofilia. tamén pode ser.
Así, por exemplo, Suarez Canal tería soños zoofílicos. Os máis do BNG non son capaces de soñar se non é lubricados por mareas negras. Quén non se sabe vestir con elegancia dificilmente pode ter sonos eróticos interesantes.
Caneiro tampouco pode ter sonos eróticos moi suxestivos, amor.
Neste país só son eroticamente estimulantes alguns guionistas da telegaita.
Que teima máis anticlimax o das identidades verdadeiras!
Que importante quen son eu, quen es ti. Porque, quen son realmente eu? quen es realmente ti?
O que de verdade importa é o que quero querer que quero dicirche cousas fermosas e procaces e ilusionantes, e que me deixen pensando que quizais quixera saber ques es, pero que renuncio a saberte porque é a única forma da que quero quererte, amor. Malgré moi.
Con frecuencia soño que acaricio o falo dun amigo.Con frecuencia sospeito que a miña man no seu sexo e mais poderosa que os dedos que mergullo con frecuencia nas conas de mulleres as que temo.
O meu placer e máis forte porque estou seguro de dar moito máis. As conas son coma mesas petitorias. Nos meus sonos son as regandixas dos craneos negros do Domund.
Si don rigoberto soubese que soño con él sentiriase traizonado. Pero Contento. O fin pouco lle importa que só sea a marca do bote de leite condensada coa que finxo os meus orgasmos.Trato de amolalo pois sei que no fondo el quere saber quen eres, vsqn, loba da checoslovaquia, nínfula que ata chegui a sospeitar masculina. Eu so quero acariñar os teus muslos e despertar co meu alento entre as tuas pernas. Xogarei suxo i, en soños, acoitelarei as nádegas dos meus enemigos.
A leite condensada véndese tamen en tubo. Coma si fora dentífrico. Mais facil de agochar baixo a almofada. Menos impactante no imaxinario REM.
Don Rigoberto é un home do que non se pode dicir que sexa un mozo barbilampiño. Porén, aínda garda a textura magra da súa lonxana mocidade, e ten un punto de coquetería nun tupido cabelo prateado que coida con esmero.
Ama o amor, ama aos seus amantes pasados e presentes coma se fosen agasallos do azar e da necesidade para a súa natureza de perversión e xogo.
Tivo algunha experiencia homoerótica placenteira, pero sobre todo son as mulleres ás que gusta traspasar e degustar.
Hai épocas nas que vive nunha intensa soidade, recluído na súa modesta e coqueta casa da campiña, e non ten quen o visite, quen o acariñe e lle faga tremer o seu falo. Alí é cando se dedica con especial dedicación á lectura e ao cultivo dunha feraz horta, e cando se purifica dos destrozos que a vida lle vai causando.
Superado o seu mutismo, a súa agorafobia, emprende (pero xusto é recoñecer que xa non co vigor de antano) a súa nova volta urbana, e o que antes fora silenzo, agora tórnase mundanidade e carencia de ridículo.
Nesta nova situación, a caza amorosa é unha das súas actividades máis frutíferas: despois de décadas de práctica, posúe abondosos recursos de sedución que, moitas veces (pero non sempre) obteñen o resultado apetecido.
Daquela, vólcase coa nova amante, agasállaa, adóraa, pervírtea con delicadeza e decisión, e o seu sexo acada un pasmoso rexuvenecemento que tan só se ve temperado pola experiencia acumulada e a calmosidade de quen non ten présa por cobizar riquezas e recoñecementos: cos que ten, que non son nin moitos nin poucos, senón os xustos, chéganlle.
El sabe que a vida pode ser segada en calquera intre, por iso sempre enfronta cada amor como se fose o derradeiro home da terra, e ela(s) sabe(n) agradecelo con tal descaro e cunha entusiasta disposición ás súas propostas de xogos físicos e mecánicos, que farían tremer de envexa aos experimentados e apertarse os cicilicios os máis perversos reprimidos que, mentres gozan, non deixan de implorar un castigo divino que azoute os impíos.
9 comentários:
Ah, soñar, vivir, que o teu soño se consuma dentro do meu soño que me consume.
pa min q este é caneiro...
estou co anterior anónimo, para mín que este é caneiro
a colección comeza mal: canto máis subas de escalafón no BNG os soños eróticos son cada vez máis escasos, substituídos por soños de pureza, gaitas, conflitos, atraso económico, devanceiros, etc a non ser q valga a necrofilia. tamén pode ser.
Así, por exemplo, Suarez Canal tería soños zoofílicos. Os máis do BNG non son capaces de soñar se non é lubricados por mareas negras. Quén non se sabe vestir con elegancia dificilmente pode ter sonos eróticos interesantes.
Caneiro tampouco pode ter sonos eróticos moi suxestivos, amor.
Neste país só son eroticamente estimulantes alguns guionistas da telegaita.
e tampouco moito.
Que teima máis anticlimax o das identidades verdadeiras!
Que importante quen son eu, quen es ti. Porque, quen son realmente eu? quen es realmente ti?
O que de verdade importa é o que quero querer que quero dicirche cousas fermosas e procaces e ilusionantes, e que me deixen pensando que quizais quixera saber ques es, pero que renuncio a saberte porque é a única forma da que quero quererte, amor. Malgré moi.
Un para a caixa vermella de vsqn.
Con frecuencia soño que acaricio o falo dun amigo.Con frecuencia sospeito que a miña man no seu sexo e mais poderosa que os dedos que mergullo con frecuencia nas conas de mulleres as que temo.
O meu placer e máis forte porque estou seguro de dar moito máis. As conas son coma mesas petitorias. Nos meus sonos son as regandixas dos craneos negros do Domund.
Nos meus sonos só os ollos responden o teu nome.
outro para a caixiña branca.
Si don rigoberto soubese que soño con él sentiriase traizonado. Pero Contento. O fin pouco lle importa que só sea a marca do bote de leite condensada coa que finxo os meus orgasmos.Trato de amolalo pois sei que no fondo el quere saber quen eres, vsqn, loba da checoslovaquia, nínfula que ata chegui a sospeitar masculina.
Eu so quero acariñar os teus muslos e despertar co meu alento entre as tuas pernas. Xogarei suxo i, en soños, acoitelarei as nádegas dos meus enemigos.
A leite condensada véndese tamen en tubo. Coma si fora dentífrico. Mais facil de agochar baixo a almofada. Menos impactante no imaxinario REM.
Dúas notas autobiográficas:
Don Rigoberto é un home do que non se pode dicir que sexa un mozo barbilampiño. Porén, aínda garda a textura magra da súa lonxana mocidade, e ten un punto de coquetería nun tupido cabelo prateado que coida con esmero.
Ama o amor, ama aos seus amantes pasados e presentes coma se fosen agasallos do azar e da necesidade para a súa natureza de perversión e xogo.
Tivo algunha experiencia homoerótica placenteira, pero sobre todo son as mulleres ás que gusta traspasar e degustar.
Hai épocas nas que vive nunha intensa soidade, recluído na súa modesta e coqueta casa da campiña, e non ten quen o visite, quen o acariñe e lle faga tremer o seu falo. Alí é cando se dedica con especial dedicación á lectura e ao cultivo dunha feraz horta, e cando se purifica dos destrozos que a vida lle vai causando.
Superado o seu mutismo, a súa agorafobia, emprende (pero xusto é recoñecer que xa non co vigor de antano) a súa nova volta urbana, e o que antes fora silenzo, agora tórnase mundanidade e carencia de ridículo.
Nesta nova situación, a caza amorosa é unha das súas actividades máis frutíferas: despois de décadas de práctica, posúe abondosos recursos de sedución que, moitas veces (pero non sempre) obteñen o resultado apetecido.
Daquela, vólcase coa nova amante, agasállaa, adóraa, pervírtea con delicadeza e decisión, e o seu sexo acada un pasmoso rexuvenecemento que tan só se ve temperado pola experiencia acumulada e a calmosidade de quen non ten présa por cobizar riquezas e recoñecementos: cos que ten, que non son nin moitos nin poucos, senón os xustos, chéganlle.
El sabe que a vida pode ser segada en calquera intre, por iso sempre enfronta cada amor como se fose o derradeiro home da terra, e ela(s) sabe(n) agradecelo con tal descaro e cunha entusiasta disposición ás súas propostas de xogos físicos e mecánicos, que farían tremer de envexa aos experimentados e apertarse os cicilicios os máis perversos reprimidos que, mentres gozan, non deixan de implorar un castigo divino que azoute os impíos.
Enviar um comentário