12.1.06

cólleme

e tápame cunha toalla

7 comentários:

Anónimo disse...

Así, así... volve á vida, volve a nós.

Taparémoste coidadosa, amorosamente coa nosa toalla... e acunarémoste con delicadeza no noso colo morno.

Anónimo disse...

Os meus alumnos poranse ben contentos cando lles explique o do empurrón vertical de Arquimedes coa tua axuda.

Son lerdos e atouciñados coma pavos pero na súa cabeza seborreica brincan hormonas coma piollos.

Na galeria que hai fronte da miña fiestra a vella criada amolece galletas do Lidel en colacao. Sensación tenra de sofá e semen pola barriga do nugallan. Fai tanto frio...

Anónimo disse...

Xa comezaba a sentir os medos...

Anónimo disse...

Gústame así, toda fresca, refrescada, húmeda, humedecida. Coa pel limpa, lixeira, lisa, amorosa como o veludo. Tan só co teu propio e delicioso perfume corporal, tan ténue e poroso... Tamén todo o que ven a continuación, amor. Tamén ti, así, sempre.

Anónimo disse...

Quendisfrute deste blog, que se pase por http://omarona.blogspot.com/ e que me diga se non vén a conto ler "Cantares de Sulamita", de Dalton Trevisan, do día 11 de xaneiro de 2006...

Anónimo disse...

Ai! volves estar de nugalla e non nos escribes.

El non será que onte atopaches o que procurabas, e que hoxe, sábado, estás a disfrutalo?

Anónimo disse...

Miña dona:

Posme impaciente. Pero eu perdónocho todo, tamén que me impacientes.

Pero implóroche que teñas perdón de nós, danos o noso pan de cada día, asómbranos coas túas imaxes, aliméntanos coa túa verba, deixa que voemos a paraísos imaxinarios.

Non non maltrates tanto. Por favor, raína ignota e intocable, ten compaixón de nós.

Amén.