19.1.06
as non preguntas
foi onte pola tarde, nunha cafetería da rúa barcelona. si, esa do camareiro coa cabeza afeitada co que fodín mentalmente durante toda a conversa contigo. ías cunha cazadora azul e unha camiseta negra, con letras pintadas en vermello sobre lendas de amor. tomaches dous cafés por un meu. o móbil sonou dúas veces: a túa nai e unha compañeira de traballo. moviches as pestanas cando relatei o encontro da fin de semana con m. s. é curioso que te sorprenda. nós seguimos véndonos como antes, puntualmente. unha vez ó mes. e aínda nunca me dixeches cómo foi que me roubaches o mozo hai cinco anos, cando foi a primeira vez que o bicaches, cómo fixeches para sacalo da miña cama. pero, ben, convido eu.
3 comentários:
Pero ti es xenerosa e sabes compatir, ti es única e sábeste dar.
Eu só quixera penetrar na túa alma sen claudicacións nin acaparamentos.
Don Rigoberto, non te podías machucar a pirola en silencio?
QE2
Queridísimo amigo Anónimo:
Os ciumes sonche moi mala cousa, renuncia a eles e serás libre.
Comparte e reparte, e, se cadra, non has levar a peor parte.
Eu, xa ves, son tolerante e complaciente. Por que non o intentas ti?
Enviar um comentário