1.12.05

rapid eye movement

esta noite soñei con facelo enriba do xigantesco trapo que paco puxo no paseo coruñés. espida, dando voltas, ben arriba, ben abaixo, todo o pano colocado a ras do mar. ti vestías de municipal aburrido e xuntos executabamos a vinganza. cando acordei, suaba tinta vermella e puxen un tampax.

8 comentários:

El baron rojo disse...

Seguro que cada vez que vaia polo paseo marítimo terei esa visión recurrente.

Non sei se darlle as grazas ou mandala ao carallo.

Anónimo disse...

isso é rachí e o resto caralhadas.

TXARI disse...

incitaçom á provocaçom, ou provocaçom á incitaçom??

Anónimo disse...

Paco Vázquez poñería o chopped, non?

Anónimo disse...

Eu fíxeno enriba da bandeira galega e o grial fíxo de condón pero cando rematamos el foise e o grial desapareceu da bandeira. Sentinme como a Virxe María. Non o voltei a ver. Foi coma un espiritu, aínda que non moi santo. Agora estou de catro meses e non lle vou a chamar nin Xesus, nin Arturo nin Lanzarote, aínda que é unha illa moi bonita. Eu tampouco son Xenebra, nin a bebo, pera aquela noite estaba máis bebeda que Suelen e del só recordo unha barba picona e a súa Excalibur cravada. Debe ser meu rei porque non quedou alí. Ó fin o Grial verteu, o meu e o seu. E de mí nacerá o Redentor, polo menos o da miña mísera vida, ata agora.

Non lín o Código da Vinci.

Anónimo disse...

Deámoslle as grazass. Sei quen es.

Anónimo disse...

Os do Itaca e o Picasso tamén o saben, pero tampouco pensan dicilo. Menos mal que es muller!

Anónimo disse...

bravo, en calquera caso. Isto lémbrame un pouco aquelas interviús breves con homes repulsivos...