14.12.05

penitencia

cando durmo tantas horas, como esta noite, esperto cunha fonda melancolía. botando de menos todos os amantes que non me quixeron, todos os bicos que din sen asinalos. non gosto destas mañás de baleiros. obrígame a vir no coche co cd a toda voz coas cancións dese disco feito a medida para chorar detrás do limpaparabrisas. cáeme un pano nos ollos que durará o día enteiro.

2 comentários:

Anónimo disse...

Eu, miña señor amada et soñada et desexada, tamén escoitaría á lusa Mafalda Arnauth, tan deliciosa, sofisticada e limpa de corpo e alma coma ti, miña aurora boreal.

Anónimo disse...

Para a melancolía o mellor é o chopped