leváchesme de viaxe. así, sen eu sabelo. cando quixen darme conta, estaba voando cara parís, tanto tempo era que non pisaba os adoquíns. gústame subir nun avión sen saber cara onde vou. sábelo e o fas a propósito. non fodemos alí arriba, pero noto que estás quente cando colocas a man entre as miñas pernas, á altura dos muslos. desexas que sexa túa. estes días é así. tiras de min pola cidade, no frío, métesme nun bar, nese local tan excluvivamente caro de chill out, fasme surcar o río, u2 en mp3 rebentándome nas orellas. xogas a tocarme espida na bañeira con hidromasaxe, semella que deixaches o salario do mes nestes días. a auga quenta as miñas feridas, o acantilado que separa o ventre en dous. nesa cafetería da esquina, camiño da torre, dámoslle ós combinados antes de comer. insistes en falar en francés co camareiro. fas o ridículo. para compensar, deixo a miña saliva no borde do vaso e na túa orella esquerda. parís ten o meu adn.
Sem comentários:
Enviar um comentário