penso que estás con alguén. con algunha. apostaría o último que merquei en oysho. imaxino que tipo de muller utilizas para desfogar o inferno que levas dentro. ¿será loira? ¿terá grandes tetas? ¿cantos anos? sempre che gustaron mociñas. seguro que a coñeciches nunha desas ceas da empresa. non es dos que liga nas discotecas ni nos pubs. teño por certo que non é moi alta, pero si delgadiña, con ollos grandes, e mirada asustada. xa sabes ó que me refiro. síntome un pouco rara, penso que é a primeira vez que (me) fas algo así. quixera ver como lle metes man, como lle metes todo. mesmo nesta cama. ¿qué tal os tres? non sei, chove demasiado.
Sem comentários:
Enviar um comentário