28.9.04

ós pés dos cabalos

son outra no espello. véxome maior. feble. atravesada por unha frecha inimiga. como un mantel cunha mancha de viño. esta noite non estiveches, malditos aeroportos. a cicatriz e máis eu durmimos nun abrazo pechado. nunha noria. quixen tocarme, percorrerme enteira, como na ducha, como no mar, e estabamos todas. espidas e cos ollos nús. eu min mesma.

Sem comentários: