22.1.07

?

na mañá daquel día de agosto de 2004 ía calor. lembro que me sentei diante do ordenador e escribín neste diario un "?" co que iniciei unha viaxe máis interior que exterior -pese ó que algúns de vós pensades- e comecei, sen sabelo, o primeiro blog erótico galego. ten gracia. erótico. dende entón lin mil comentarios sobre el, recibín correos de todo tipo -non podedes facervos unha idea- e seguín facendo na pantalla, que mancha, o que me pedía o corpo. agora, ese mesmo corpo pídeme que faga outras cousas. e que non as conte. así que, sen drama, deixo aquí un latexar silencioso, e xunto cos teus os meus beizos. amor.